Monday 13 de May de 2024

A Xunta realiza un novo envio de 4.313 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarco do Barbanza


O Goberno galego enviou 1.413 máscaras e 2.900 luvas para os centros sociais en Boiro, Noia, Outes A Pobra do Caramiñal e Ribeira
A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área do Barbanza, concretamente a oito centros. Nesta comarca a partida inclúe 1.413 máscaras e 2.900 luvas.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 16 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección de 36.880 luvas e 32.262 máscaras.
Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.